En marcha un filme sobre Slender Man

0
185

Slender Man, o misterioso e axexante meme de Internet, vai protagonizar en breve unha longametraxe coa Screen Gems desenvolvendo un proxecto que ten prevista a estrea para 2017.

O persoaxe comezou nun fóro de Internet e axiña toda unha mitoloxía foi-se creando ao seu redor, incluindo deseños de fans, vídeos, relatos, videoxogos, unha minisérie e mais cousas adicadas a este monstro: un home alto, vestido de negro, sen rostro e que se adica sobre todo a capturar nenos pequenos.

As cousas nombergantes volvéron-se na súa contra cando este ano se soubo que dúas rapazas de doce anos tentaron asasinar a unha amiga para, segundo elas, render homenaxe ao Slender Man, a quen crían un persoaxe real. A vítima sobreviviu ao intento de asasinato, pero non sen antes recebir dazanove puñadas.

David Birke (Elle, 13 Sins) escribirá o guión para o filme, cuxa rodaxe comezará a finais deste ano.