Malkovich entra no Val dos Deuses

0
192

O veterán John Malkovich unirá-se ao cada vez maior elenco de actores protagonistas do drama fantástico de Lech Majewski Valley of the Gods para a Royal Road Entertainment.

Josh Hartnett (Penny Dreadful), Berenice Marlohe (Skyfall), Keir Dullea (2001: A Space Odyssey), John Rhys-Davies (The Lord of the Rings) e Charlotte Rampling (Swimming Pool) son os outros actores xa pechados.

Majewski (The Mill and the Cross) dirixe o proxecto sobre unha lenda dos índios Navajo e un solitário escritor de best-sellers (Hartnett) que posúe unha imaxinación desbordante e ten o poder de alterar a realidade.

A acción vai sobre tres histórias sobre persoaxes que tentan fuxir do drama que se desencadea cando as visións sobrenaturais se enfrontan á realidade.

Majewski e Filip Jan Rymsza son os produtores. A rodaxe comezará este mércores en Polónia, Itália e Utah.