Rob Letterman dirixe Cabozos e Dragóns

935

O director Rob Letterman (Goosebumps) será o encargado de rodar o relanzamento da mítica franquía baseada no xogo de rol Dungeons and Dragons para a Warner Bros. Pictures.

Letterman levaba alomenos catro semanas en boca de todos coma candidato mais ca probábel para se facer co posto, pero os estudos estaban agardando ao resultado dunha presentación dos seus plans para a franquía. A presentación debeu ir ben, polo que se pode desprender do recente anúncio.

David Leslie Johnson escribirá o guión, mentres que Roy Lee, Brian Goldner, Stephen Davis, Courtney Solomon e Allan Zeman serán os produtores. Os estudos quéren apurar os tempos e comezar a produción canto antes.