Gareth Edwards abandoa Godzilla 2

0
190

Gareth EdwardsO realizador Gareth Edwards (Monsters) ven de abandoar a secuela do filme de 2014 Godzilla que el mesmo dirixiu. Edwards ía regresar para a segunda parte despois de rematar o seu traballo en Rogue One: A Star Wars Story, actualmente en post-produción, pero finalmente non será así. Ainda que os motivos non están claros, seica a despedida foi amigábel e vai-se tomar un pequeno descanso.