Tremores, minisérie de dez capítulos

0
218

A finais do ano pasado soubemos que estaba se xestar unha nova série de televisión baseada na clásica franquía de culto dos anos 90 no cinema Tremors, con Kevin Bacon repetindo o seu papel coma cazador de monstros Valentine McKee.

Bacon está seleccionado para protagonizar e coma produtor executivo da continuación da franquía, e o venres revelou en Twitter que o proxecto está en desenvolvemento e que se planea unha mini-série de televisión de dez episódios:

Gostaría-me moito facer outro Tremors. De feito, estamos arestora a traballar nunha minisérie de 10 episódios para Tremors. Coido que será xenial

A Blumhouse e mais a Universal Cable Productions producen este proxecto, mentres que Andrew Miller (The Secret Circle) está a escribir o guión. A acción regresará á fictícia vila de Perfection no deserto de Nevada, onde a primeira película tivo lugar.