Todos os superheroes da DC nun crossover

0
197

A canle The CW vai aproveitar por fin que a DC Comics conta con catro séries de superheroes actualmente en antena (Arrow, The Flash, Supergirl e mais Legends of Tomorrow) para facer un grande crossover dunha semana no que participen os protagonistas de todos eles.

O xefe da The CW, Mark Pedowitz, dixo nunha entrevista: “imaxina o que o noso crossover de superheroes vai semellar no vindeiro decembro“. As novas chegan xusto despois de que o protagonista de Arrow, Stephen Amell, comentase que ten grande interese en que Supergirl coñeza aos membros do “Team Arrow”.

Sobre a continuación da série Supergirl na canle, Pedowitz confirmou que a rodaxe mudará-se de Los Angeles a Vancouver. Con esta mudanza pon-se en dúbida a participación de Calista Flockhart na vindeira tempada, pero tanto a actriz coma a canle teñen grande interese en continuar traballando xuntos e o seu persoaxe aparecería en todo caso de vez en cando nas pantallas.