Jovovich e Franco no Mundo Futuro

0
203

Milla Jovovich ven de asinar o contrato polo que protagonizará Future World, o vindeiro thriller post-apocalíptico de James Franco e Bruce Thierry Cheung para a Dark Rabbit Productions.

A história vai sobre un rapazolo nacido nunha familília da élite que viaxa xunto ao seu ardacostas de confianza a través dunha perigosa terra desolada para atopar a menciña que salve á vida da súa nai.

É unha terra governada por un malvado señor da guerra que ten maléficos plans nos que participa un robot asasino disfrazado de fermosa muller. Jovovich seica fará o papel dunha traficante de drogas.

Polo de agora non se deu a coñecer o nome doutros actores, mais aló de que Franco terá un papel. O mesmo Franco creou a história mentres ca Bruce Thierry Cheung, Jay Davis e Jeremy Cheung escribiron o guión.