John Carpenter produce a secuela de Halloween

0
210

Hai xa moitos anos que a Dimension Films levaba tentando facer unha nova entrega da saga de Halloween, até que finalmente perderon os dereitos da emblemática série de terror.

Agora, nun anúncio que colleu por sorpresa a case todo o mundo, os produtores da Blumhouse responsábeis de Insidious e Sinister revelaron en Los Angeles que se van asociar coa Miramax e mais a Trancas International para co-financiaren unha nova secuela de Halloween.

Ademais diso, o director John Carpenter estará no proxecto coma produtor executivo, regresando asemade á franquía que el mesmo creou. Ainda que non foi confirmado oficialmente, os produtores deixaron entrever que teñen a esperanza de que Carpenter tamén regrese coma director do novo filme.

O realizador, pola súa conta, dixo simplemente: “38 anos despois do Halloween orixinal. Vou axudar a intentar a facer da décima secuela a mais arrepiante de todas“. Malek Akkad e mais Jason Blum serán os produtores desta película que entrará moi cedo en fase de rodaxe e que ten previsto poder estrear-se para o Halloween de 2017.