Planeta Hulk e Ragnarök xuntos en Thor

0
246

Levaba a se especular xa un tempo e seica agora confirmou-se que a famosa liña argumental Planeta Hulk da Marvel Comics vai ser adaptada á pantalla grande, e antes do agardado. De feito, o argumento será a base da nova película de Taika Waititi Thor: Ragnarok que comezará a se producir dentro de pouco en Austrália.

A misión de Thor no filme será “atopar a arma definitiva” para evitar que o Ragnarök teña lugar, así que o filme será unha mistura dos argumentos de Planeta Hulk e Ragnarok, con ambos os dous heroes loitando nun planeta onde se levan a cabo uns xogos de gladiadores baixo os auspícios do Grande Mestre (Jeff Goldblum).

Durante esta parte do filme Hulk levará posta a clásica armadura do Planeta Hulk que aparece nos cómics. Thor tamén terá unha nova fasquía e seica Chris Hemsworth amosará unha cabeza afeitada durante parte do filme. A longametraxe ten prevista a estrea para finais de 2017.