Johnson confirmado para Doc Savage

0
198

Ven de se facer oficial que Dwayne Johnson será o protagonista e produtor da adaptación ao cinema de Doc Savage para a Sony Pictures.

A história vai sobre un científico, inventor e explorador que tamén ten niveis superheroicos de intelixéncia e forza. O persoaxe, que foi a estrela de moitas novelas pulp e séries de rádio, foi asemade a inspiración para moitas creacións posteriores, incluindo ao mesmo Superman.

O guionista e director de The Nice Guys Shane Black será o encargado do filme a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto con Anthony Bagarozzi e Charles Mondry. Black xa deixara anteriormente moi claro que quería contar con Johnson para o filme. O actor confirmoi as novas na súa conta de Instagram o luns á mañá.

Hiram Garcia, Neal H. Moritz, Ori Marmur e Michael Uslan serán os outros produtores. Polo de agora non se sabe cando poderá comezar de todos os xeitos a rodaxe deste proxecto.