Xa se traballa na secuela de Kung Fury

0
180

A curtametraxe sueca do ano pasado Kung Fury, que misturaba acción, artes marciais, fantasía e moita comédia foi un éxito sen precedentes. Grazas a unha campaña en Kickstarter que recadou mais de tres veces a cifra orixinal que solicitaban (200.000 dólares) foi posíbel a produción dunha película de média hora inspirada no look dos anos 80 e que se fixo decontado dispoñíbel para todo o mundo dende o sítio Web do seu creador David Sandberg.

Para celebrar o primeiro aniversário do filme, Sandberg confirmou nas redes sociais que xa están a pensar nunha secuela, para a que amosaron unha foto do guión coa emblemática bandana do heroe enrolada ao seu redor. Polo de agora non se sabe cando comezará a nova fase de crowdfunding e tampouco unha posíbel data de comezo da produción ou de estrea.

O primeiro filme contou con batallas contra robots-arcade, dinosauros, nazis, viquingos, deuses nórdicos, mutantes e o mesmísimo Hitler, así que non hai moito que deixaran no tinteiro para a segunda parte.