Drunken Fireworks de Stephen King

0
237

Após do éxito de 11.22.63 en Hulu, o actor James Franco confirmou-se para protagonizar e producir outra adaptación de Stephen King. Esta vez será o seu conto Drunken Fireworks para a Rabbit Bandini Productions e a Rubicon Entertainment.

Matt Rager, que escribiu o guión para moitos filmes dirixidos por Franco incluindo as adaptacións de The Sound and the Fury e As I Lay Dying, será o guionista do proxecto, que polo de agora non conta cun director.

A história está ambientada nunha pequena vila de Maine e céntra-se nun mecánico (Franco) e mais un xefe da máfia retirado que compiten no concurso dos fogos artificiais do Catro de Xullo. Franco, Vince Jolivette, Doug McKay, Robert Kaplan, Marc Senter e Nathan Grubbs serán os produtores.