A Marvel recupera os dereitos sobre Namor

0
319

A Marvel Studios non foi capaz de explotar totalmente a súa carteira de superheroes por mor de que moitos deles están atrapados en problemas legais. Un deses persoaxes é Namor o Sub-Mariner, o heroe subacuático sobre cuxos dereitos o presidente Kevin Feige dixo hai tempo que estaban “complicados”.

Nombergantes, as cousas comezan a se ver doutro xeito. O CCO da Marvel, Joe Quesada, revelou que o rei de Atlantis regresará a onde debe estar. Cando lle preguntaron se os dereitos sobre o persoaxe foran recuperados pola Marvel, dixo: “Non podo falar polos estudos… polo que eu sei si. Non está na Fox nin na Sony… Si“. E preguntado sobre se veremos axiña ao persoaxe na pantalla grande, a súa resposta foi simplemente: “Non podo confirma-lo nin desmenti-lo“.