Tyler Hoechlin é o novo Superman

0
214

Após de aparecer dun xeito pouco claro na primeira tempada, a través de chamadas realizadas á protagonista ou en flashbacks de cando era un bebé, confírma-se por fin que Superman será oficialmente un persoaxe mais na segunda tempada da série de televisión Supergirl.

Os produtores da série, que se muda dende a CBS á canle The CW, confirmaron que Tyler Hoechlin (Teen Wolf, Road to Perdition) interpretará a Clark Kent/Kal-El xunto á heroína Kara Zor-El (Melissa Benoist). O produtor executivo Andrew Kreisberg emitiu un comunicado no nome da equipa de produción do programa, no que se inclúen Greg Berlanti e Ali Adler:

Greg, Ali e mais eu estamos mais ca emocionados de lle dar a benvida a Clark Kent e mais ao seu lixeiramente mais famoso alter ego ao mundo de Supergirl. Superman aparecerá nos primeiros dous episódios da nova tempada. Greg e mais eu levábamos moitos tempo querendo traballar con Tyler, así que isto vai funcionar perfectamente, porque Tyler é Superman“.

A segunda tempada de Supergirl comezará a se mitir o luns na cale The CW a partir do vindeiro outono.