Mel Gibson planea a secuela da Paixón

0
172

O guionista de Braveheart Randall Wallace está segundo se comenta a escribir unha secuela do filme de terror gore The Passion of the Christ que produciu Mel Gibson.

Seica a continuación narrará a lenda da resurrección de Xesús. Wallace admitiu que está a traballar no proxecto após de lle confesar a un reporteiro de The Hollywood Reporter que é difícil manter o proxecto en segredo.

El e mais Gibson, que ven de rematar o filme sobre a Segunda Guerra Mundial Hacksaw Ridge, comezaron a traballar en sério sobre a secuela do filme sobre o persoaxe mitolóxico cando se decataron do interese que a primeira entrega erguera na comunidade cristiá, e isto influíu-lles para rodar a segunda parte.

Polo de agora non hai ningún estudo interesado neste proxecto, que aínda se atopa nas primeira fases. Pero Wallace indicou que hai vários candidatos a investir os seus cartos.

O primeiro filme, que se estreou en 2004, fixo 612 millóns de dólares cun orzamento orixinal de á penas 30 millóns.