Lisa Joy, no guión da nova Galactica

0
180

A produtora e guionista Lisa Joy (Westworld) escribirá a adaptación ao cinema da série de televisión de ciéncia-ficción dos anos 70 de Glen Larson Battlestar Galactica para a Universal Pictures e a Bluegrass Films.

A história ten lugar nun afastado recuncho do universo chamado as Doce Colónias. A civilización humana que o habita está en guerra contra os Cylóns, e após de ser virtualmente destruída pola raza cibernética, os derradeiros refuxiados deben fuxir a bordo de naves espaciais.

O nome do director australián Francis Lawrence semella rondar o proxecto, pero polo de agora non hai confirmación oficial. Scott Stuber e Dylan Clark serán os produtores.

En todo caso, cómpre lembrar que este filme non gardará ningunha relación argumental coa série de televisión de 2004 de Ronald D. Moore e David Eick que durou catro tempadas na Sci-Fi Channel e que gañou numerosos prémios e loubanzas da crítica.