John Williams regresa para “Indy 5”

0
120

John WilliamsO mestre compositor John Williams confirmou que, igual ca nas outras catro entregas da série, el será o encargado de compoñer a banda sonora da quinta película da franquía de Indiana Jones, que se estreará en 2019. No decurso dunha homaxe do American Film Institute polas súas 6 décadas de traballo, Steven Spielberg anunciou que o lendário compositor regresará para as novas aventuras do doutor Henry “Indiana” Jones Jr. Este será o segundo regreso de Williams a unha franquía que el axudou a construír, despois de Star Wars: The Force Awakens en decembro.