Devlin quere regresar a Stargate

0
253

Aló a mediados dos anos 90, a equipa formada polo director alemán Roland Emmerich e mais o guionista e produtor Dean Devlin foron responsábeis de dúas das meirandes producións de ciéncia-ficción da época, Stargate e Independence Day.

Vinte anos despois, Emmerich está por estrear unha nova entrega con Independence Day: Resurgence. E pola súa banda, Devlin confirmou á prensa que os dous van dirixir a súa atención cara un relanzamento da franquía de Stargate:

Cando a fixéramos, todos os estudos de Hollywood dixéran-me que a ciéncia-ficción estaba morta… E Roland e mais eu amamos a ciéncia-ficción, así que ese foi o motivo polo que funcionou e resoou. Non foi un intento cínico de facer algo que lle gustara á xente“.

Ademais confirmou que o plan é facer o que orixinalmente tentaron facer co filme, que ía ser unha triloxía, pero…

Por mor do que aconteceu cos dereitos e cos cámbios nos estudos e toda caste de cousas raras, nunca fixemos a segunda e a terceira parte“.

James A. Woods e Nicolas Wright, a parella responsábel de Independence Day: Resurgence, escribirán os guións dos novos dous filmes, que contarán coa produción de Emmerich e Devlin. Emmerich aínda non ten claro se vai ser el o director:

Non é unha história que poida ter lugar vinte anos despois. Así que o único xeito de contar esa triloxía é regresar á orixe e escomezar a história dende o princípio… a nó quitáron-no-la, e é duro ver que os teus fillos son criados por outros pais, mesmo se fan un bó traballo… para nós non é acabar co que se fixo. É permitir-nos remetar de narrar a nosa história“.

Polo de agora non hai datas de estrea nin de produción para este relanzamento.