Morreu Anton Yelchin aos 27 anos

0
239

O novo e coa carreira aínda ascendente actor Anton Yelchin ven de morrer hoxe aos 27 anos de idade.

A súa axente, Jennifer Allen, confirmou o triste suceso por mor dunha “colisión de tráfico mortal“. Os amigos de Yelchin alarmáron-se porque tiña que se presentar había horas para un ensáio, así que acodiron ao seu fogar no val de San Fernando (Califórnia) e ao redor da unha da mañá atopáron-o morto, emparedado entre o seu coche e mais un muro. Axentes de Policía afirmaron que o motor ainda estaba en marcha cando o corpo foi descoberto e que o coche estaba en punto morto.

Yelchin fixéra-se famoso e moi popular entre os fans grazas ao seu papel de Chekov na nova saga de filmes de Star Trek a partir de 2009, pero tamén participara en longametraxes coma Terminator Salvation, The Smurfs, Hearts in Atlantis ou o remake de Fright Night.

Yelchin era fillo único e nacera en Rúsia de pais patinadores profesionais que se mudaron aos Estados Unidos cando o seu rapaz aínda era un bebé. A súa família pediu manter a privacidade nestes difíciles momentos.