A triloxía de BioShock remasterizada

0
154

A Irrational Games, a 2K, e mais a Blind Squirrel Games veñen de anunciar oficialmente BioShock: The Collection, unha compilación remasterizada dos tres títulos que compoñen a famosa saga de videoxogos de Bioshock.

As tres partes Bioshock, Bioshock 2 e Bioshock Infinite están incorporadas ao título, que ademais inclúe os comentários do director da série de vídeo e todos os contidos descargábeis (DLC) distribuídos até hoxe, entre eles Minerva’s Den e as dúas partes de Burial at Sea, xunto cos packs de actualización. O único que non está incluído no paquete é o modo de multixogador de Bioshock 2.

A colección aparecerá para as plataformas PlayStation 4, Xbox One e PC o 13 de setembro ao prezo de 54 euros.