Xesús Cristo en realidade virtual

0
143

A Autumn Productions (Elvis and Nixon) e mais a compañía de producións de realidade virtual VRWERX veñen de chegar a un acordo para lanzar Jesus VR – The Story of Christ, unha longametraxe de 90 minutos que se distribuirá a partir de nadal e que estará dispoñíbel en todas as plataformas de VR, incluíndo Google Cardboard, Samsung Gear, Oculus Rift, PlayStation VR e a HTC Vive.

Rodado no pasado mes de outubro con tecnoloxía 4K e en 360 grados na antiga vila de Matera en Itália, o filme percorre a vida e a morte enteiras de Xesús, o mítico deus dos cristiáns, dende o seu batismo ao sermón da montaña e dende a derradeira cea até a crucifixión. No reparto atoparemos a Tim Fellingham no papel de Xesús, Mish Boyko coma Pedro, Christian Serritiello coma André, Rhys Howells coma Xudas e Matteo Carlomagno no papel de Xohán.

David Hansen (Hellion, Lovesong) dirixiu este proxecto a partir dun guión de Andre van Heerden, mentres ca Enzo Sisti (The Passion of the Christ, The English Patient) foi o produtor executivo. Os outros produtores foron Johnny Mac, Russell Naftal e Alex Barder, e o sacerdote William Fulco foi o conselleiro relixioso.