Moonfall, mais ciéncia-ficción por Emmerich

0
202

Xusto mentres o seu Independence Day: Resurgence chega aos cinemas, o realizador alemán Roland Emmerich está a preparar outra longametraxe de ciéncia-ficción a partir dun guión titulado Moonfall e con cuxos dereitos ven de se facer a Universal Pictures.

Emmerich, Harald Kloser (The Day After Tomorrow) e mais Spencer Cohen (Extinction) escribiron o guión, que vai sobre unha banda de malfeitores que deben unir-se para salvar á humanidade cando a Lúa se saia da súa órbita e ameace con se estrelar contra a Terra. O filme foi descrito xa coma unha mistura entre Close Encounters Of The Third Kind e 2012.

A película porá-se a rodar canto antes e será o vindeiro proxecto de dirección de Emmerich, que tamén será o produtor xunto a Kloser.