Javier Bardem, o novo Frankenstein

0
192

O actor español Javier Bardem está en conversas para facer o papel do monstro de Frankenstein no vindeiro filme que formará parte do novo universo cinemático que conectará a todos os monstros da Universal Pictures.

A iniciativa escomeza co relanzamento actualmente en rodaxe do filme The Mummy protagonizado por Tom Cruise no papel do home que tenta acabar coa antiga raíña exípcia (Sofia Boutella) que foi despertada do seu soño milenário e está a causar o pánico no Londres dos nosos días.

O filme conta ademais coma protagonistas a Russell Crowe no papel do doutor Henry Jekyll, un papel que tamén lle fora ofrecido a Bardem pero que tras de rexeita-lo pasou ás mans de Crowe.

Polo de agora non está claro en que longametraxe aparecerá o monstro ao que Bardem dará vida, pero agárda-se que poidamos ve-lo noutra película antes de Bride of Frankenstein, actualmente en desenvolvemento.

Outros proxectos deste universo interconectado de monstros, sobre os que polo de agora só hai rumores, son The Invisible Man con Johnny Depp, unha nova versión de The Wolf Man con Dwayne Johnson de protagonista e se cadra un remake de Creature from the Black Lagoon.

Os produtores Alex Kurtzman e Chris Morgan son os responsábeis deste nova saga de películas e o mesmo Kurtzman dirixe The Mummy.