Os Wee Free Men dan o chimpo ao cinema

0
160

A novela para adolescentes de Terry Pratchett The Wee Free Men (“Los homprecillos libres” na versión española), publicada en 2003 e ambientada no mundo de Discworld, será levada ao cinema pola Jim Henson Company.

O conto vai sobre unha meiga de nove anos chamada Tiffany Aching, a súa tixola, e uns homiños azuis de quince centímetros chamados Nac Mac Feegles que queren salvar ao seu irmán da malvada raíña da Terra das Fadas.

Rhianna Pratchett, quen escribiu os dous guións dos videoxogos mais recentes da saga de Tomb Raider, está a escribir o guión deste filme e vai-se asociar coa Henson para producir a película. Nun comunicado de prensa, dixo: “Gostei do traballo da Jim Henson Company toda a miña vida, así que é unha grande honra asociar-me con eles e levar aos Wee Free Men á pantalla grande“.

En xaneiro de 2006 o director Sam Raimi tentou levar a novela ao cinema por primeira vez, pero o guión non conveceu a Pratchett e o proxecto non saiu adiante.

O fillo de Jim Henson, Brian, será asemade o produtor da longametraxe xunto a Rhianna, Vince Raisa, Rob Wilkins e Rod Brown.