Capitán Power, dos anos 80 á tele de hoxe

0
213

A série de televisión de ciéncia-ficción dos anos 80 Captain Power and the Soldiers of the Future será relanzada baixo o novo título de Phoenix Rising.

O programa orixinal foi unha série dramática de 22 episódios ambientada na Terra no ano 2147 após dunha confrontación global entre os humáns e as máquinas. A série foi unha das pioneiras en incorporar persoaxes xerados por computador xunto a actores de carne e óso.

A nova versión comeza quince anos despois de que os humáns perderan unha devastadora guerra contra unha intelixéncia artificial chamada Overmind. Jonathan Power, o fillo do home que causou a guerra, descubre a verdade sobre o seu pai e que hai un novo tipo de armadura de combate que permitiría a unha equipa de soldados e civís loitar contra os exércitos biónicos da Nova Orde.

O co-creador da série orixinal, Gary Goddard, é un dos responsábeis deste relanzamento, que será desenvolvido pola Goddard Film Group e mais pola Planet X Productions. Judith e Garfield Reeves-Stevens (Star Trek: Enterprise) están a escribir o episódio piloto mentres ca Thomas Vitale e Craig Engler serán os produtores.

A MastersFX creará os efectos especiais da nova série, que espera poder presentar-se perante o público na Comic Con este semana.