A Garda dos Ratos

0
201

A 20th Century Fox ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema Mouse Guard, unha série de cómics gañadora dos prémios Eisner e orixinal de David Petersen, e xa ten plans para converte-la nunha película que misturará acción real con gráficos xerados por computador.

O director de Dawn of the Planet of the Apes, Matt Reeves, e mais o guionista de Rogue One: A Star Wars Story Gary Whitta adaptarán o filme, que Reeves producirá pero non dirixirá.

A história vai sobre ratos antropomórficos e está ambientada na época medieval, centrada nunha irmandade de ratos que xurou protexer á xente ordinária. Os estudos planean facer un filme con acción real pero no que se usará a tecnoloxía de captura de imaxes que tan bó resultado deu na franquía dos símios e na mais recente The Jungle Book da Disney.

Ross Richie e Stephen Christy serán os outros dous produtores.