O bosque de Wingard é a nova da Bruxa de Blair

0
210

É un segredo que levaba agocho anos, pero a Lionsgate ven de revelar que o director de The Guest e You’re Next, Adam Wingard, será o encargado de realizar a segunda parte do clásico do terror de 1999 Blair Witch, un filme que até agora levaba por título The Woods.

O proxecto, que se produciu sen moito rebúmbio, ía ser un filme de terror independente cun guión orixinal, pero no seu lugar, a Lionsgate sorprendeu a todo o mundo anunciando que en realidade é a continuación do famoso filme de 1999. Nunha entrevista para EW, o director dixo: “The Woods era o noso título de traballo. Cando asinamos para face-la, sabíamos que o nome ía cambiar-se ao final. Para nós, non ía ser nin sequera parte do marketing. Pero coido que a Lionsgate tomou unha boa decisión, ao usar iso“.

A história está protagonizada por James Allen McCune (Shameless) no papel do irmán do persoaxe que interpretaba Heather Donahue no filme orixinal, que se interna no bosque para tentar averiguar o que lle aconteceu á súa irmá perdida.

O guionista habitual de Wingard, Simon Barrett, foi o autor do libreto, mentres ca Callie Hernandez, Brandon Scott, Valorie Curry, Corbin Reid e Wes Robinson son os outros prtagonistas. O filme estréa-se nas salas de cinema o vindeiro 16 de setembro.