Pepé Le Pew por Max Landis

0
133

Pepé Le PewO guionista Max Landis (Chronicle, Victor Frankenstein) revelou que está a traballar nun proxecto para unha longametraxe de debuxos animados co clásico persoaxe da Looney Tunes Pepé Le Pew (coñecido coma Sorrillo Apestoso en España). O seu primeiro esbozo seica convenceu á Warner para lle dar luz verde ao proxecto, que sería o primeiro de debuxos animados de Landis. Pepé Le Pew foi creado por Chuck Jones e recebiu a voz do lendário Mel Blanc.