Oprah Winfrey e as enrugas do tempo

0
133

A estrela da televisión Oprah Winfrey é o primeiro nome salientábel que se une ao proxecto da Disney Pictures A Wrinkle In Time, o novo filme da directora Ava DuVernay (Selma) que adaptará ao cinema a clásica novela de fantasía da escritora Madeleine L’Engle gañadora en 1963 da medalla Newbery.

Jennifer Lee (Frozen) está a escribir o guión, que vai sobre unha rapaza cuxo pai, un científico que traballa para o governo, desapareceu após de traballar nun misterioso proxecto que contemplaba o transporte a unha quinta dimensión chea de planetas deshabitados.

Outros actores sobre os que se comenta que poderían tamén participar son Amy Adams e Kevin Hart. Winfrey pola súa banda interpretará o papel da señora Which.