O videoxogo Life is Strange, ao cinema

0
169

A Legendary Digital Studios e mais a Square Enix van-se asociar para adaptar ao cinema o premiado videoxogo Life Is Strange. Dmitri Johnson e Dan Jevons serán os produtores.

O xogo, que se compón de cinco partes divididas en episódios, está protagonizado pola entusiasta da fotografía Max Caulfield, unha estudante de último curso do instituto que descobre que pode rebobinar o tempo para salvar á súa millor amiga, Chloe Price.

A parella daquela comeza a investigar a misteriosa desaparición da súa compañeira Rachel Amber, o que descobre un lado escuro da vida na súa vila, Arcadia Bay. A produtora está arestora á procura dun director e mais dun guionista.

O título non só se fixo merecedor de mais de 75 prémios da indústria do videoxogo, senón que ademais gañou o prémio BAFTA á millor história, o prémio Peabody e moitos outros galardóns de prestíxio.