Os Vingadores cambian de título

0
158

A Disney e mais a Marvel Studios veñen de confirmar que van retitular a súa saga de dous filmes Avengers: Infinity War do mesmo xeito cá DC fixo coa Liga da Xustiza ou a Lionsgate co final de Divergent.

Orixinalmente os dous filmes ían levar por títulos Avengers: Infinity War – Part I, a estrear o 4 de maio de 2018, e Avengers: Infinity War – Part II o 3 de maio de 2019. Agora o primeiro título será simplemente Avengers: Infinity War, mentres có segundo está aínda por decidir e polo de agora só leva o nome de traballo absolutamente provisório “Untitled Avengers movie” (Filme sen título dos Vingadores).

Mália este cámbio nos títulos, o calendário de produción e as datas de estrea para ambos os dous filmes continúan a ser os mesmos. Os directores Joe e Anthony Russo xa dixeran no pasado mes de maio que querían dar-lle outro título aos filmes dos Vingadores, após de suxerir que os nomes orixinais podían levar a confusión, xa que as dúas películas son moi diferentes.