Meryl Streep no regreso de Mary Poppins

0
150

A veterán actriz Meryl Streep fará o papel de Topsy, a curmá de Mary Poppins (Emily Blunt), na vindeira longametraxe da Walt Disney Pictures Mary Poppins Returns.

Na série de libros de P.L. Travers o persoaxe cháma-se Topsy Tartlet e ao casar muda o nome para Topsy Turvey. Lin-Manuel Miranda é o outro protagonista da película e fará papel dun lampareiro público chamado Jack.

A história está mais ou menos baseada no sétimo libro da saga, ten lugar no Londres da era da Gran Depresión e vai sobre Jane e Michael Banks, xa adultos, quen xunto aos tres fillos de Michael, reciben a visita da enigmática Mary Poppins após de que a cociñeira da família teña que marchar de súpeto. Grazas aos seu particulares poderes máxicos, e coa axuda de Jack, Mary fará posíbel que a família redescobra a ledícia e o abráio que perderan nas súas vidas.

Ademáis, diversos médios anúncian que os protagonistas da primeira parte, Julie Andrews e Dick Van Dyke, están a negociar a súa incorporación ao reparto en papéis ainda non clarificados.

Gran parte da equipa responsábel de Into the Woods, incluíndo ao director Rob Marshall e mais os produtores John DeLuca e Marc Platt, están atrás deste proxecto, que conta cun guión de David Magee e nova música composta por Marc Shaiman e Scott Wittman. A data de estrea prevista é polo de agora o 25 de decembro de 2018.