Jason O’Mara é o novo xefe de S.H.I.E.L.D.

0
232

Jason O’Mara (The Good Wife, Complications) ven de se unir ao reparto da série da ABC Marvel’s Agents of S.H.I.E.L.D. nun dos papéis protagonistas, nada menos có de director da organización.

O persoaxe que fai Clark Gregg (o axente Phil Coulson) revelara no derradeiro episódio da terceira tempada que a organización contaba cun novo director, e O’Mara fará ese papel que seica será o dun persoaxe da Marvel que afunde as súas raíces até os anos 40.

Jeph Loeb, o director da sección de televisión da Marvel, dixo que “traer a Jason ao reparto coma director do S.H.I.E.L.D. forza a todo o mundo, especialmente a Coulson, a reevaluar o seu papel na axéncia. Jason ten tanto a presenza física coma a dinámica coma actor para conectar e desafiar mesmo aos axentes mais leais“.

A nova tempada de Agents of S.H.I.E.L.D. dará comezo o vindeiro 20 de setembro.