Harry Potter vende dous millóns en dous días

0
260

Harry Potter and the Cursed Child, a versión en libro da obra de teatro actualmente nos escenários de Londres, xa vendeu mais de dous millóns de cópias en tan só dous días após da súa publicación.

Isto convérte-o nun dos libros mais vendidos da história en menos tempo, ainda que fica moi lonxe do récord que ainda posúe a derradeira entrega da saga de Harry Potter, Harry Potter and the Deathly Hallows, que vendeu mais de 8,3 millóns de exemplares nun só día tras o seu lanzamento en 2007.

Mália que a súa autora J.K. Rowling avisou con moita antelación de que o libro non é nin unha novela nin un conto, senón un simple manuscrito utilizado coma versión de ensáio para a obra de teatro, iso non detivo a moitos fans, que protestaron decepcionados.

Rowling e Jack Thorne co-escribiron o devandito guión, que logo sofriu algúns trocos mais antes de chegar á versión final que se pode ver nestes intres no Reino Unido.

A história retoma aos persoaxes da saga dezanove anos despois da batalla de Hogwarts e seica será o derradeiro que Rowling escriba sobre Harry Potter, ainda que iso non inclúe a triloxía precuela de Fantastic Beasts.