Adéus a Kenny Baker, R2-D2

0
120

O famoso actor inglés Kenny Baker morreu o pasado 13 de agosto aos 83 anos após dunha longa loita contra unha enfermidade. De tan só 1,10 metros de estatura, Baker fixo o papel da súa vida interpretando a R2-D2 nos filmes de Star Wars. Segundo a súa neta Abigail Shield, nun comunicado oficial:

Agardábamo-lo, pero ainda así é triste. Tivo unha vida longa e satisfatória. Levou moitísima felicidade á xente e celebraremos o feito de que foi querido en todo o mundo. Estamos moi orgullosos do que acadou na súa vida.

Cando era neno, dixéron-lle que probábelmente non sobreviviría á pubertade, ao ser unha persoa pequena daquela, non tiñan boa expectativa de vida. Fíxo-o extremadamente ben na súa vida. Estivo moi enfermo os derradeiros anos, así que agardábamo-lo. Foi coidado por un dos seus sobriños, quen o atopou o sábado á mañá“.

A carreira de Baker esténde-se ao longo de moitas décadas en filmes no cinema e na televisión, entre os que se inclúen Flash Gordon, The Elephant Man, Amadeus, Time Bandits e Labyrinth.