O filme da Capitán Marvel renova as súas orixes

0
92

Para case todos os heroes da DC Comics hai ún moi semellante no Universo Marvel: Flash e Quicksilver, Batman e Moon Knight, e hai moitos outros exemplos. Un dos casos mais evidentes é Lanterna Verde e a Capitán Marvel. Ambos son un xoven piloto das Forzas Aéreas que ten contacto cunha raza alieníxena que lle dá superpoderes.

E iso seica é un problema para o vindeiro filme da Marvel Studios, Captain Marvel. A co-guionista do proxecto Nicole Perlman (Thor, Guardians of the Galaxy) revelou que o plan é dar-lle unha nova orixe á superheroína galáctica que sexa distinta á que se relatou por primeira vez cando naceu o persoaxe en 1968. Durante unha entrevista, Perlman dixo:

Non coido que tivera nunca un proxecto no que tivera mais coidado sobre o impacto que podería ter e a súa importáncia. Ela é un persoaxe moi duro e Kelly Sue DeConnick fixo un gran traballo co arco argumental da súa história recente.

Pero aquí está o tema, se só foses facer unha adaptación literal do cómic, a história da súa orixe é moi semellante á de Lanterna Verde. E obviamente, iso non é o que queremos facer. Hai moit ode reinvención que ten que acontecer. E ademais, ela é unha persoa de seu e é un gran persoaxe.

Temos que estar ao tanto do que aconteceu noutros filmes da Marvel e asegurar-nos de que a súa liña argumental particular é única e divertida e que encaixa neste mundo que está a vivir ao mesmo tempo. É un desafío facer unha história interesante. É bó ter un compañeiro. Foi unha experiéncia incríbel. Se podemos saca-lo adiante podería ser un filme incríbelmente importante pero tamén realmente divertido e molón de superheroes”.

Brie Larson é a protagonista deste filme, que ten prevista a súa estrea para o 8 de marzo de 2019.