A cadeira de prata, cuarta entrega de Nárnia

0
112

TriStar, a Mark Gordon Company e mais a Entertainment One unirán forzas para finanzar conxuntamente unha nova adaptación ao cinema das obras de C.S. Lewis, concretamente The Silver Chair, o sexto libro da série das Crónicas de Nárnia do autor inglés.

Ambientado após dos acontecementos de The Voyage of the Dawn Treader, o fillo do agora rei Caspian desaparece, o que leva a Aslan o león a enviar a Eustace Scrubb e mais a súa compañeira de internado Jill Pole na procura do monarca perdido.

Unha nova equipa creativa tomará o relevo para continuar a história cun enfoque fresco, o que sinifica que é improbábel que ningún dos actores que apareceron nos filmes anteriores, coma Ben Barnes (Caspian), Will Poulter (Eustace) ou Liam Neeson (Aslan) repita os seus papéis.

David Magee (The Life of Pi, Finding Neverland) escribirá o guión. A Mark Gordon Company desenvolverá e producirá o filme, o seu primeiro da saga de Nárnia xa que os tres anteriores foran producidos pola Walden Media.

A Sony Pictures e mais a eOne ocuparán-se da distribución. Os tres filmes anteriores estreáron-se en 2005, 2008 , 2010 e en total a franquía recadou por riba dos 1.600 millóns de dólares en todo o mundo.