Hollywood rodará un remake venezolán

0
118

A New Line Cinema fíxo-se cos dereitos para facer un remake no cinema do filme de terror venezolán La casa del fin de los tiempos, coa Good Fear Film e mais a Jinga Films producindo a nova versión.

O filme orixinal, estreado en 2013 e que foi a película venezolán que mais recadou da história, vai sobre unha nai que regresa a onde tivo lugar un crime hai trinta anos que deixou rota á súa família. Alí deberá enfreontar-se ao lado sobrenatural que conduciu á traxédia.

A película orixinal foi guionizada, dirixida e producida por Alejandro Hidalgo, que regresará para dirixir este remake, mentres ca Henry Gayden (Earth to Echo) será o encargado de escribir o guión. Chris Bender e Jake Weiner serán os produtores.