Ironheart, o novo nome de Iron Man

0
174

Dentro duns poucos meses Tony Stark colgará a súa máscara de ferro do papel de Iron Man nos cómics Marvel e a rapaza de quince anos Riri Williams tomará o seu lugar coma estrela da saga Invincible Iron Man.

Xunto co cámbio de persona dentro da armadura chegará asemade un cámbio de nome. Riri adoptará o alcume de Ironheart, que o guionista da saga Brian Michael Bendis explicou que foi suxerido polo xefe da Marvel Joe Quesada:

Iron Woman semellaba un pouco pasado de moda e Iron Maiden semellaba un pesadelo legal. Ironheart, acuñado por Joe Quesada despois de que eu lle contara os meus plans para Riri, fala non só do alma do persoaxe senón da franquía de Iron Man en conxunto. Tony púxo-se a armadura por primeira vez para salvar o seu corazón. Riri púxo-a por motivos distintos pero ainda así relacionados co corazón. Cando a xente lea a súa história, abraiará-se do simple e brillante que foi a suxestión de Joe“.

Riri Williams é unha estudante de quince anos que asiste ao Instituto Tecnolóxico de Massachusetts cunha bolsa escolar. Traballando soa, deseña un traxe ou armadura semellante ao de Iron Man usando material roubado do campus e enxeñería inversa. Cando a policía do campus pete á súa porta, ela pon-se o traxe e escapa.