Dave Wilson dirixe ao Home Monolito

0
133

Dave Wilson, director creativo da Blur Studios (responsábeis de Deadpool), fará o seu debut coma director con The Monolith, unha adaptación ao cinema dunha série de cómic orixinal de Jimmy Palmiotti e Justin Gray.

O cómic, de doce números, vai sobre as aventuras de Alice Cohen, unha ex-ionqui sen cartos que hereda unha casa en Brooklyn da súa avoa falecida.

Alice descobre o diário de súa avoa e comeza a lér o relato dun amor perdido e dunha vinganza que comeza nas fábricas de New York durante a Gran Depresión e que amosa a creación dun monstro destinado á vinganza.

Barnett Brettler está a escribir o guión, mentres ca Erwin Stoff (13 Hours) será o produtor.