Christoph Waltz en Alita: Battle Angel

0
132

O actor austríaco Christoph Waltz está a negociar a súa incorporación ao reparto de Alita: Battle Angel, o novo filme de ciéncia-ficción dirixido por Robert Rodriguez e producido por James Cameron.

O proxecto é unha cobizosa adaptación ao cinema, cun orzamento de entre 175 e 200 millóns de dólares, do popular manga do mesmo título que vai sobre unha ciborg do século XXVI (Rosa Salazar) que é rescatada dun vertedoiro de lixo e reensamblada.

Chamada Alita, só se lembra do adestramento en artes marciais e se converte nunha cazadora e guerreira que persegue a perigosos crimináis. Waltz faría o papel do doutor Dyson Ido, o cibercirurxán que atopa o robot e convérte-se no seu mentor.

Cameron e Jon Landau serán os produtores. O proxecto é unha vella paixón de Cameron, pero o seu traballo nas catro secuelas de Avatar impediu-lle ser el mesmo o director.

Alita: Battle Angel ten previsto comezar a rodaxe este outono e a estrea será para o 20 de xullo de 2018.