Doug Liman, da Marvel á DC

0
164

O director de Edge of Tomorrow e The Bourne Identity, Doug Liman, tiña previsto encargar-se da longametraxe da Fox Gambit, unha secuela dos X-Men que protagonizaría Channing Tatum. Pero agora ven de se confirmar que abandoa o proxecto e pása-se ao “inimigo”, xa que a Warner Bros. Pictures elixiu-no coma director de Justice League Dark, a equipa de superheroes sobrenaturais do universo da DC Comics.

O proxecto levaba en desenvolvemento vários anos dende que Guillermo del Toro comezara a soar coma director, pero nunca chegou a sair adiante. Cada poucos meses aparecía unha nova con rumores sobre posíbeis protagonistas, sen que chegara haber ningún movemento en sério.

No pasado mes de outubro filtrou-se un argumento do filme, que comezaría coa história de vários tomos de manuscritos antigos, roubados por un tolo que só desexaba o fin do mundo. Por mor disto, o detective John Constantine pon-se a procurar un grupo de heroes especializados nas artes místicas e arcanas para salvar o mundo. Entre eles estarían A Cousa do Pantano, Deadman, Zatanna, Etrigan o Demo e pode que Madama Xanadu.

Coa participación de Liman é posíbel que o tón do filme mude e non sexa tan sinistro, para pasar a ter mais acción ao seu xeito habitual. Michael Gilio está a escribir o guión.