Scott Eastwood entra en Ecstasia

0
122

Scott EastwoodO actor de Suicide Squad Scott Eastwood (o tenente Edwards) vai tentar o xénero de ciéncia-ficción uníndo-se ao reparto de Ecstasia, o novo filme de Wayne Kramer para a Sentient Entertainment, a Film Afrika e a Red Sea Media. Matilda Lutz (The Rings) é a coprotagonista e xuntos fan dunha parella que vive nun mundo onde o amor xa non existe. Renee Tab e Christopher Tuffin serán os produtores deste filme, que conta cun guión de Kramer e que se rodará en primavera en Sudáfrica.