Guionistas románticos para os Novos Mutantes

0
183

Scott Neustadter e mais Michael H. Weber, os escritores responsábeis das adaptacións ao cinema das comédias románticas The Fault in Our Stars e The Spectacular Now, serán os encargados de traballar no guión da vindeira secuela dos X-Men, a película New Mutants da 20th Century Fox.

Josh Boone, director asemade de The Fault in Our Stars, será o encargado desta longametraxe centrada no grupo de alumnos especiais da escola de Charles Xavier, o Profesor X, quen tentan compaxinar a súa rebeldía xuvenil cos seus recén adquiridos poderes mutantes. A parella de guionistas traballará conxuntamente con Boone no libreto.

Entre os persoaxes que se agarda que aparezan están a índia americana Danielle Moonstar, a escocesa Wolfsbane, o brasileiro Sunspot, o rapazolo de Kentucky Cannonball, a rusa Magik e mais o álien Warlock.

Simon Kinberg, o habitual produtor da franquía dos X-Men, regresará unha vez mais.