Tres novas séries para a SyFy

0
86

A canle SyFy deu a coñecer tres novos proxectos de séries de televisión que se unirán á xa anteriormente anunciada Krypton (unha secuela sobre o mundo nativo de Superman). Os tres contarán cun episódio piloto que xa foi aprobado:

The Machine: Baseada no thriller de ciéncia-ficción publicado en 2013 polo inglés Caradog W. James, a história está ambientada nun mundo que foi transformado pola intelixéncia artificial. Nel seremos testemuñas das vidas e aventuras de seis persoaxes, cadaún dos cales ten a chave da vitória ou da destrución da humanidade.

The Haunted: Un drama de terror sobrenatural do escritor James Frey sobre catro irmáns que se reúnen após da morte de seus pais e tentan restaurar as súas relacións persoais destruídas hai tempo, mentres que se enfrontan ás pantasmas do seu pasado. Noga Landau (The Magicians) escribiu o guión do episódio piloto e será o coprodutor executivo.

Happy: Baseada na novela gráfica homónima de Grant Morrison e Brian Taylor, a história vai sobre Nick Sax, un matón ex-policía corrupto e drogadito cuxa vida é transformada por un cabalo azul alado imaxinário. Neal Moritz, Pavun Shetty e Toby Jaffe serán os produtores executivos e Taylor dirixirá o piloto.