Stan Lee, o novo heroe de acción

0
119

A 20th Century Fox ven de facer cos dereitos para levar ao cinema a vida do lendário creador de cómics Stan Lee e xa ten plans de producir unha longametraxe de aventuras ambientada nos anos 70 con Lee coma persoaxe principal.

Seica o argumento conterá o tón tirando a cómico das típicas películas de James Bond que protagonizara Roger Moore nos anos 70 e 80, ou a mais actual Kingsman: The Secret Service, pero en calquera caso estará producido por Marty Bowen e Wyck Godfrey (responsábeis das sagas para adolescentes Twilight e The Maze Runner).

Polo de agora non hai ningún guionista vencellado a este proxecto e non se sabe se o mesmo Lee protagonizará algún cameo, algo ao que xa nos ten acostumados nos filmes da Marvel, dende X-Men en 2000 até Captain America: Civil War este mesmo ano.

Por outra banda, o presidente da Marvel Studios, Kevin Feige, revelou que Lee, quen conta xa con 93 anos de idade, rodou catro cameos mais para futuros filmes da Marvel. Ainda que non hai confirmación, seica estes son Doctor Strange, Guardians of the Galaxy Vol. 2, Spider-Man: Homecoming e Thor: Ragnarok, pero Avengers: Infinity War podería tamén estar incluido.