Fresnadillo, despido fulminante

0
109

Tan só un mes antes de que comezara a rodaxe, a DreamWorks Pictures e mais o produtor Steven Spielberg veñen de botar para atrás o proxecto de filme de terror gótico Haunted, que contaba cun orzamento de 17 millóns de dólares. Rose Leslie e Alfre Woodard ían protagonizar esta longametraxe a partir dun guión de Chad e Carey Hayes (The Conjuring).

O traballo orixinal, unha nova versión do clásico de Henry James The Turn of the Screw, vai sobre unha institutriz inglesa que debe coidar dos sobriños dun rico terratenente, pero que axiña comeza a ver dúas misteriosas figuras ao redor da mansión onde viven.

A causa do parón deste proxecto foi o despido fulminante do director español Juan Carlos Fresnadillo, quen xunto ao guionista Scott Z. Burns modificaran tanto o guión da película que xa non se asemellaba en nada ao filme que os estudos querían producir e polo que asinaran o contrato. Spielberg decidiu que o millor era simplemente botar a Fresnadillo e mais a Burns, regresar ao guión dos Hayes e comezar o desenvolvemento desde cero.