A Sony monta un universo de seu

0
92

Após de perder á súa grande baza con Spiderman, a Sony Pictures quere contar cun universo cinemático de seu e está xa a preparar unha série de cinco longametraxes baseadas nos cómics da editorial Valiant, específicamente Harbinger e Bloodshot, e que rematarán cun crossover titulado Harbinger Wars.

Harbinger será o primeiro filme na série. O cómic, polo que os estudos renovaron os seus dereitos o mes pasado, vai sobre un adolescente fugado chamado Peter Stanchek que ten grandes poderes telequinéticos. Eric Heisserer (Arrival, Lights Out) será o encargado de escribir o guión.

O segundo filme sería Bloodshot, que vai sobre un soldado ferido de morte, resucitado coa axuda da nanotecnoloxía e acusado de reunir a “harbingers” (precursores) coma Stanchek. Ese persoaxe será presentado coma o vilán en Harbinger, que ten prevista a estrea para finais de 2017 ou comezos de 2018. Un ano despois aparecerá Bloodshot.

Haberá que prestar atención ademais aos outros moitos persoaxes dos cómics, entre os que se atopan os HARD Corps, Livewire, Generation Zero e Faith. Neal Moritz e Dinesh Shamdasani serán os produtores.

A biblioteca de superheroes da Valiant conta con mais de 2000 persoaxes e é a terceira mais grande do mundo, só superada polas xigantes DC e Marvel, pero era a única que non fora adquirida por ningunha grande produtora de cinema.