Chloe Moretz no remake de Suspiria

0
102

Chloe Moretz protagonizará xunto a Dakota Johnson, Tilda Swinton e Mia Goth o remake do clásico filme de terror Suspiria, dirixido por Dario Argento en 1977, esta vez para a Frenesy Film Company, a Mythology Entertainment e mais a Amazon Studios.

A história vai sobre unha bailarina de ballet que viaxa a unha prestixiosa académia de danza en Europa, só para atopar que o lugar é en realidade a tapadeira dalgo moito mais sinistro e sobrenatural, todo mentres acontece unha série de asasinatos, a cada cal mais sanguento.

Luca Guadagnino (A Bigger Splash) será o director a partir dun guión de David Kajganich. Guadagnino, Kajganich, Brad Fischer, Francesco Melzi d’Eril, Gabriele Moratti, William Sherak e mais Silvia Venturini Fendi son os produtores.

O filme conta xa coa luz verde e ten previsto comezar a rodaxe este mes de outubro en localizacións de Itália e Hungría.