A bruxa do comedor escolar

0
93

A Amblin Partners ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela para adolescentes de Deb Lucke The Lunch Witch, e xa contratou ao director de Angry Birds Clay Kaytis para que se faga cargo deste proxecto.

No filme, unha muller chamada Grunhilda hereda as famosas receitas e caldeiros máxicos dos seus antergos bruxos, pero agora xa ninguén acredita na máxia. Ainda que a súa única habilidade é cociñar cousas horríbeis e cheirentas, Grunhilda atopa un traballo que podería adaptar-se ás súas condicións: o de cociñar e servir a comida nun comedor escolar.

Alí divírte-se asustando aos nenos até que atopa unha rapariga cunhas enormes gafas chamada Madison, quen se converterá na súa amiga. Madison precisa axuda na escola e na súa casa, pero axudar aos demáis é algo que vai contra todo aquilo no que acredita a bruxa Grunhilda.

A produtora está a procurar un guionista, mentres ca Michael De Luca confirmou-se na produción.